Curso Federativo de Monitor de Chikung

O Departamento de Tai Chi e Qi Gong da Federación Galega de Kung Fu dependente da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, convoca un novo Curso de Formación teórico-práctico para a obtención da Titulación de Instrutor de  Chi Kung nos seus diferentes niveles. Este celebrarase en Vigo na modalidade de Formación presencial continuada (1-2 seminarios/mes) durante o período de xaneiro a xullo de 2012.